A pobreza das mulleres nace da desigualdade

A feminización da pobreza avanza tamén en Galicia, donde o 24,4% das mulleres siguen en risco de pobreza ou exclusión social, frente ao 20,7% dos homes.
A pobreza alcanza a unha de cada catro familias cunha muller soa ao cargo. A Xunta de Galicia ten o compromiso de poñer en marcha no 2019 un Plan de Familias Monoparentais.

Con motivo do día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, EAPN, a rede que reúne ás organizacións do terceiro sector comprometidas coa erradicación da pobreza e a exclusión social, quere manifestar que as desigualdades de xénero están directamente relacionadas coa pobreza das mulleres e co seu acceso desigual ao poder e ós recursos.
Non podemos esquecer que a fenda que separa ós homes das mulleres en situación de exclusión seguiuse ampliando nos últimos anos. O feito de ser muller, inflúe notablemente entre os elementos que poden incidir na situación de pobreza ou de exclusión das persoas, sumándolle a isto, en moitas ocasións, factores de discriminación múltiple (como a orixe, a etnia, a discapacidade, a idade, etc.). Atrapadas no círculo da pobreza, as mulleres carecen en moitos casos do acceso a recursos e servizos que revertan a súa situación.
De acordo cos datos do último Informe sobre o Estado da Pobreza de EAPN España, a discriminación de xénero que rexe as condicións do mercado de traballo, é un dos factores que máis inciden na pobreza.
En España hai 5,27 millóns de mulleres en risco de pobreza; o 19% das mulleres están en desemprego; a súa taxa de actividade é un 22% inferior a dos homes; o 24% das mulleres están ocupadas a tempo parcial, fronte ao 7,3% da taxa masculina. A diferenza salarial entre homes e mulleres é do 22,4%; e, como resultado da fenda de xénero nas pensións, a existente na taxa de risco de pobreza e/ou exclusión social entre a poboación maior é do 16,4%.
A feminización da pobreza avanza tamén en Galicia, donde o 24,4% das mulleres siguen en risco de pobreza ou exclusión social, frente ao 20,7% dos homes. Entre 2016 e 2017 30.507 homes saíron da pobreza, mentras 20.913 mulleres entraron nela.

A fenda de xénero do AROPE entre a poboación maior ven motivada polo maior número de pensións mínimas entre as mulleres (31 %), a baixa cuantía de pensións de viuvez, que na súa gran maioría son percibidas por mulleres, e as notables diferenzas no importe das pensións de xubilación que son consecuencia das condicións de inserción das mulleres no mercado de traballo.
Tamén é importante lembrar que a taxa de pobreza sempre foi extraordinariamente máis elevada entre as persoas que viven en fogares monoparentais que no resto. En España, o 83% destes fogares están á cargo dunha muller. No ano 2017, a pobreza alcanzaba a 4 de cada 10 fogares monomarentais.
A feminización da pobreza tamén se observa nas familias monomarentais galegas nas que imperan á cabeza as mulleres, en concreto estas familias constitúen case un 10% do total de familias de Galicia segundo datos do IGE. A Xunta de Galicia ten o compromiso de poñer en marcha no primeiro semestre de 2019 un Plan de Familias Monoparentais.
A máis grave manifestación da desigualdade e a máis cruel é a violencia de xénero. Queremos subliñar que a saída do ciclo da violencia é imposible cando as mulleres non teñen independencia económica. Ademáis de que moitas empobrecense precisamente por ser víctimas de dita violencia.
Neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social reivindica que é necesario desenvolver políticas e medidas apropiadas para previr e erradicar a desigualdade de xénero, e consecuentemente as causas e as formas de pobreza que afectan de maneira específica ás mulleres, xa que a pobreza incide de maneira diferente en homes e en mulleres.
Dende EAPN insistimos en que a pobreza das mulleres nace da desigualdade e que loitar contra ela é o que nos fará estar na senda do desenvolvemento sostible e inclusivo.







