Abondan as razóns positivas para celebrar o I Cumio Galego contra o Odio

O pasado 30 de xuño o Grupo de Comunicación de EAPN Galicia, en colaboración con Ecos do Sur, organizou este evento en liña para dar a coñecer e crear rede entre as múltiples e diversas iniciativas postas en marcha en Galicia para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas.
A través desta xornada identificáronse persoas e organizacións, con proxectos e iniciativas que se están a desenvolver en Galicia para seren difundidas tanto en redes sociais coa etiqueta #ContrAporofobia como nunha Guía de Estilo para comunicadoras sobre Aporofobia e Discurso do Odio.
No 2015, as entidades membro de EAPN Galicia aprobaron por unanimidade o Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social, comprometéndose a “fomentar un discurso responsable e xusto, afastado de estereotipos e mecanismos que produzan ou manteñan as situacións de discriminación”
Sen sabelo, este decálogo foi o primeiro esforzo para xerar un discurso de narrativas alternativas e en positivo, lonxe do asistencialismo e a culpabilización e estigmatización das persoas en pobreza ou exclusión social.
Dous anos despois, as propias persoas afectadas, participantes no Seminario “Participando contra prexuízos e #MentirasPobreza” denunciaron nun Muro das Mentiras a pandemia de odio que xa estaban a sufrir.
O primeiro sitio donde se amosaron o Muro das Mentiras e o Muro da Inclusión foi no Parlamento de Galicia. No 2017, e reiterado no 2020 aprobouse por unanimidade a Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou exclusión.
Unha sociedade civil movilizada contra o odio
Fronte e en paralelo a un aparentemente abrumador e artificial crecemento do discurso do odio en redes sociais e parlamentos, nos últimos anos veñen xurdindo multitude de iniciativas postas en marcha por persoas e organizacións para xerar narrativas alternativas e poñer en valor a tolerancia e a xustiza social.
É un feito o avance na loita contra a aporofobia e o discurso do odio dende as múltiples iniciativas de comunicación das organizacións do Terceiro Sector membro de EAPN, coordinando dende Galicia campañas estatais como #ContrAporofobia ou #RendaMínimaSi: Pon os teus prexuízos en corentena, ou en xornadas de formación sobre ‘Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación dende Administracións Públicas e ONG‘.
A recentemente aprobada Lei de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, inclúe unha disposición adicional pola que a aporofobia será perseguida como delito de odio. Unha demanda atendida e que permite que o termo de aporofobia non só se atope nas academias da lingua senón tamén no Código penal.
Deste xeito, en EAPN Galicia somos conscientes da multitude de iniciativas e proxectos postos en marcha no noso territorio para difundir novas narrativas, e quixemos contribuír a darlles visibilidade e poñelas en común.
A xornada contou con máis de 60 asistentes que puideron coñecer o funcionamento dalgunhas iniciativas galegas que loitan contra o odio e a discriminación dende o ámbito xudicial, educativo, comunitario, narrativo e do ciberactivismo, concluíndo que son necesarias políticas máis igualitarias e inclusivas e continuar traballando nun cambio a nivel narrativo que redunde nun cambio social.
[su_column size=”1/2″ center=”no” class=””]Seguimos buscando iniciativas!
Se ti ou a túa organización contades con algunha iniciativa destas características queremos coñecela! Podes cubrir a seguinte ficha e facérnola chegar a info@eapn-galicia.com. Estaremos encantadas de saber de vos e de poñernos en contacto! Por suposto, podes compartir e difundir esta nova para que chegue a cantas máis persoas mellor.
[su_button url=”http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2021/06/Ficha_iniciativas_contra_o_odio_2021-FORMULARIO.pdf” target=”blank” style=”” background=”#51748a” size=”6″ wide=”yes” center=”yes” title=””]FICHA DE INICIATIVAS[/su_button]
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=jfwCfISK2yk[/youtube]PROGRAMA
09.30 – 09.45 Presentación
Eloina Ingerto. Presidenta EAPN Galicia
Miguel Angel Santalices. Presidente Parlamento de Galicia
María Dolores Fernández. Valedora do Pobo
Arturo Parrado. Director Xeral de Inclusión Social
09.45 – 10.30 Camiños contra o odio
O camiño legal: a aporofobia como delito de odio, con Eva Serrano. Fiscalía Xeral do Estado
O camiño das novas narrativas, con Natalia Monje. Ecos do Sur – CibeRespect
O camiño do activismo e accións en redes sociais, con Anxela Iglesias. LaIntersección.net
10.30 – 10.45 Guía sobre aporofobia e discurso do odio
11.00 – 12.05 Iniciativas contra o odio en Galicia
Proxecto Dixitáis: Laboratorio cidadán para a competencia dixital e mediática (UVigo)
Muda o Conto: Contra o discurso de odio (Agareso)
Participación de familias migrantes na escola (Accem)
Proxecto CibeRespect (Ecos do Sur)
#Daravoltaaotexto: O Discurso do Ódio não é argumento (EAPN Portugal)
Litixio estratéxico, defensa xurisdicional ás vítimas de discriminación e delitos de odio e o Servizo de Asistencia e Orientación a Vítimas de Discriminación Racial ou Étnico (Fundación Secretariado Xitano)
Mulleres Pontevedresas na Rede. Análise do discurso, micromachismos e discurso de odio en Twitter (UVigo)
Círculo de mulleres: Creación dun espazo propio de mulleres empoderadas (Fundación Juan Soñador)
12.05 – 12.30 Coloquio
Outras iniciativas recibidas
- Protéxete do racismo: pon o foco en combater o odio intensificado pola pandemia do coronavirus. (Agareso)
- Dicionarios audiovisuais de ida e volta: é un exemplo de nova narrativa no terreo das migracións. (Agareso)
- “Que nada nos separe”: mensaxe de sensibilización social: “Se temos tantas cousas en común, por que deixamos que un só cromosoma nos separe?”. (Down Galicia)
- #FóraPrexuízos: campaña de concienciación para tratar de desbotar os prexuízos existentes contra as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. (Down Galicia)
- Guía de estilo sobre persoas coa síndrome de Down: Manual orientado a sensibilizar, e concienciar sobre a terminoloxía máis adecuada para referirse ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais (Down Galicia)
- Síndrome de Down – guía rápida: Vídeo animado no que se explica que é a síndrome de Down de maneira sinxela e visual. (Down Galicia)
- Libro os Bolechas: “Xela celebra o seu aniversario”: A historia céntrase na celebración dun aniversario, xa que soe ser un dos momentos máis excluíntes para as persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais. (Down Galicia)
- Fear of missing out: Dignificar a saúde mental a través da arte e visibilizar os problemas de saúde mental e mostrar as capacidades das persoas que os teñen. (FEAFES)
- Botemos o estigma ao lixo: Sensibilizar á cidadanía sobre os obstáculos que provoca o estigma nas persoas con problemas de saúde mental. (FEAFES)
- Nós vémolo claro, ti que ves?: Dar continuidade á campaña “Botemos o estigma ao lixo” e amosar solucións positivas. (FEAFES)
- Elas tamén contan: Dar voz e visibilizar ás mulleres con problemas de saúde mental. (FEAFES)
- Eu non teño prexuízos: campaña para loitar contra o estigma asociado aos problemas de saúde mental. (FEAFES)
- Eu non son o meu dano cerebral adquirido: campaña para visibilizar ás persoas con dano cerebral adquirido. (FEGADACE)
- Achégate á rede: iniciativa destinada a capacitar e dotar de autonomía dixital, tanto en ordenadores como en teléfonos móbiles, a mulleres en situación de vulnerabilidade. (Fundación Érguete)
- Xeitos de ver: está destinado a persoas que están cumprindo unha condea en réxime de semiliberdade. (Fundación Érguete)
- Non nos xulgues: campaña contra o estigma que padece a mocidade tutelada. (Igaxes)
- Red Conecta Migración (Iniciativa #sinprejuiciosRCM): propósito de sensibilizar á cidadanía, combater os prexuízos e reivindicar a diversidade como valor indispensable para a cidadanía global. (Fundación Esplai)
- OSOLIÑO VIOLETA: Exposición de fotos e curtametraxes contra as violencias machistas.






