Amaranta, Humanismo y Democracia e A.P.E.S. novos membros de EAPN Galicia

04.03.2016| Off Comments off on Amaranta, Humanismo y Democracia e A.P.E.S. novos membros de EAPN Galicia|
Compartir nas redes
A súa entrada aprobouse nunha Asemblea na que se planificaron as actuacións do 2016 ao 2018, analizáronse as demandas que se faran aos partidos políticos nas vindeiras elección ao Parlamento Galego e as actuacións ante a probable desaparición do IRPF para fins sociais

 

O 2 de marzo, as 24 entidades membro de EAPN Galicia reuníronse para avaliar os obxectivos acadados durante o pasado período 2013- 2015 e determinar novas propostas e obxectivos para este ano.

IMG_20160302_141023

A Asemblea comezou coa benvida a 3 novas entidades da rede:

Fundación Amaranta favorecendo a integración social de mulleres e adolescentes afectadas pola prostitución e outras situación de exclusión social.

Fundación Humanismo y Democracia: traballando pola erradicación da pobreza no mundo, máis concretamente no eido da cooperación o desenvolvemento.

A.P.E.S (Asociación de Prevención e Acción Social): apoiando procesos de reinserción sociolaboral de persoas reclusas e accións que reduzan a potencialidade da delincuencia e as súas causas dende a infancia.

Estas tres entidades transmitiron a importancia da creación de sinerxías entre os principais axentes do terceiro sector así como o seu apoio para acadar os obxectivos fixados dende EAPN Galicia.

Na asemblea, ademais de aprobar a planificación de actividades e o orzamento do 2016, debatíronse as demandas que se farán aos partidos politicos que se presenten as vindeiras elecións autonómicas.

Un dos temas tratados, e motivo de preocupación, foi a posible modificación do financiamento obtido a través do IRPF, que no peor dos escenarios suporá a perda de centenares de programas dirixidos á mellora da calidade de vida de persoas en situación de pobreza e exclusión e o peche dun gran número de organizacións non lucrativas.

IMG_20160302_105827