Como queremos que sexa Galicia en catro anos? As persoas en pobreza propoñen medidas para o cambio social

28.09.2020| Off Comments off on Como queremos que sexa Galicia en catro anos? As persoas en pobreza propoñen medidas para o cambio social|
Compartir nas redes
A pandemia non impediu que persoas en pobreza ou exclusión social participaran no “XI Encontro de Participación para propostas de cambio social que organizaron EAPN España e EAPN Galicia”.
No encontro debatéronse propostas sobre rendas mínimas, vivenda e emprego para seren transmitidas a grupos parlamentarios e institucións públicas.
11 grupos de traballo presencial en diferentes cidades galegas confluíron para presentar as súas conclusións nun encontro online que por primeira vez foi transmitido en directo por Facebook.

A pesares das dificultades derivadas da pandemia pola COVID-19, EAPN España e EAPN Galicia celebron, un ano máis, o evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza ou exclusión social: o XI Encontro de Participación para o Desenvolvemento de Propostas de Cambio Social.

Coa premisa de asegurar todas as medidas de prevención que garantiran a seguridade das persoas asistentes e co lema ‘Construíndo agora os dereitos do futuro’, o encontro, que tivo lugar o 1 de outubro de xeito presencial e virtual, pretendeu identificar e debater as medidas prioritarias que desde a Xunta de Galicia, concellos e deputacións galegas consideran deben porse en marcha na nova lexislatura, principalmente nos eidos de rendas mínimas, vivenda e emprego.

Unha das principais novidades de este ano é que as persoas participantes estiveron desde as súas cidades de referencia traballando polos seus dereitos. Concretamente, 11 grupos de traballo situados en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense. E coa diversidade qué é norma nos encontros: persoas privadas de liberdade, con discapacidade, inmigrantes ou refuxiadas, sen fogar, vítimas violencia machista, etcétera.

O Encontro constou de dous momentos chave: o traballo en grupos locais e a presentación pública das conclusións vía online; retransmitido en directo a través do Facebook de EAPN Galicia.


DOCUMENTO FINAL DE CONCLUSIÓNS

Ademais, nos días posteriores, tres mulleres participantes no Seminario – Ivonet, Bea e Rose -, quixeron poñerlle voz a este documento e resumir en vídeo as propostas feitas por cada un dos bloques temáticos:

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=xV92aiePpqI[/youtube]

Album de fotos do XI Encontro Galego de Participación 2020.

O documento de conclusións, enlazado máis arriba, foi entregado ao Presidente do Parlamento de Galicia este 19 de outubro, no marco das accións ao redor do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.