“Coñecernos. Entendernos. Mellorar”:iniciativas galegas innovadoras na loita contra a pobreza e a exclusión social

O 6 de febreiro, de 10:30 a 12 da máñan no Centro Social Abanca (Santiago de Compostela) celebrarase este Seminario aberto a calquera persoa interesada, especialmente para as que colaboren como profesionais e voluntarias de organizacións de acción social. Terá lugar antes da Asemblea Xeral da Rede Galega contra a Pobreza- EAPN Galicia.
Búscase presentar iniciativas innovadoras e recoñecidas de mellorar a capacidade de loita contra a pobreza e a exclusión social. Ben pola súa innovación, o seu potencial para fomentar o traballo en rede e a colaboración entre entidades tanto a nivel autonómico como local ou que poidan servir de exemplo e mellora para outras organizacións.
Presentaranse seis iniciativas, entre as que se inclúen as tres galegas seleccionadas en toda España polo Programa de Cidadanía Activa financiado polo Mecanismo Financieiro do Espazo Económico Europeo (EEA Grants)
- Barrios abertos: Xuntos facemos barrio. ACCP-Asemblea Cooperación pola Paz
- Comprendo e decido: Derribando barreiras de comunicación para un mundo ao alcance de todos. Autismo Galicia
- Boa Vida Trapera. Boa Vida Inclusión Social Activa
- AGRA CIVIS: ¡Tomando las riendas de nuestra ciudadanía. Ecos do Sur
- INclúe: Innovación para a inclusión social. Emaus Fundación Social
- Medindo o impacto da intervención con mozos e mozas en risco. IGAXES3
Asemblea EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza
Posteriormente ao Seminario celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria de EAPN Galicia, na que entroutros temas, prantexarase as entidades membro para a sua aprobacion o Plan Operativo 2015, o Código de Conduta e Boas Prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social, o Posicionamento pola transparencia e a participación na planificación, seguemento, xestión e avaliación dos Fondos Estruturais Europeos 2014-2020, o documento de propostas para as candidaturas as Eleccións Municipais ou a asunción do Pacto pola Infancia de UNICEF.
En Galicia, no ano 2013, e según o Informe Quen Somos?, as 108 entidades integradas daquela en EAPN Galicia, beneficiaron a máis de 450.000 persoas grazas ao esforzo de 1.188 persoas traballadoras e 4.304 voluntarias e xestionaron 483 recursos de todo tipo con 40 millóns de euros de orzamento conxunto.
Día: 6 de febreiro 2014
10:30-12 Seminario “Coñecernos. Entendernos. Mellorar”
Lugar: Centro Social Afundación (Rúa Nova 33 Santiago)






