EAPN Galicia celebra a chegada da nova Lei do Terceiro Sector de Acción Social

26.01.2015| Off Comments off on EAPN Galicia celebra a chegada da nova Lei do Terceiro Sector de Acción Social|
Compartir nas redes

O anteproxecto de Lei aprobada polo Consello de Ministros ofrece por primeira vez en España un marco xurídico propio, seguridade e garantías ás entidades non lucrativas.

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) e as 125 entidades que a integran, valoramos moi positivamente a aprobación do anteproxecto de Lei do Terceiro Sector de Acción Social. O Terceiro Sector español da un gran paso coa aprobación deste texto que ofrece identidade, estabilidade e garantías a todas as nosas entidades.

Trátase da primeira lei feita por e para o sector, da que España carecía e que estaba dificultando a labor das entidades non lucrativas a favor das persoas e colectivos en pobreza ou exclusión social.

Este novo marco normativo, foi unha das principais reivindicacións de EAPN Galicia, establecendo un marco regulatorio que defina as especificades e principios do sector, as medidas de fomento e apoio para as entidades que o compoñen, así como o recoñecemento efectivo do dialogo civil, asegurando a participación das ONG implicadas no deseño das políticas públicas estatais, autonómicas e locais no ámbito social.

IMG_20141009_140605

Non obstante, tanto EAPN Galicia como a Plataforma del Tercer Sector estatal, confían en que se concreten os mecanismos de financiamento e que o Goberno teña en conta no seu desenvolvemento posterior as propostas do sector e as necesidades das entidades que o compoñen, gravemente lastradas pola azouta económica destes anos de crise. Asimesmo, recorda que o sector necesita medidas específicas de fomento que melloren a súa capacidade de actuación.

O Terceiro Sector en España está integrado por máis de 29.000 organizacións; 8 de cada 10 organizacións contan con persoas voluntarias nas súas estructuras, o que suma un total de 1.100.000 persoas voluntarias; representa a case 9 millóns de persoas; da emprego a cerca de 630.000 persoas (3,5% do total do emprego no noso país) e representa o 1,7% do PIB. O número de persoas as que atende o sector supera os cinco millóns de persoas.

En Galicia, no ano 2013, e según o Informe Quen Somos?, as 108 entidades integradas daquela en EAPN Galicia, beneficiaron a máis de 450.000 persoas grazas ao esforzo de 1.188 persoas traballadoras e 4.304 voluntarias e xestionaron 483 recursos de todo tipo con 40 millóns de euros de orzamento conxunto.

 

Anteproxecto de Lei de Voluntariado

No mesmo Consello de Ministros, aprobouse tamén esta norma que chega tamén trala interlocución co sector e incorpora medidas en liña con outras normativas europeas agardadas durante anos, tentando dar resposta a numerosas cuestións que afectan á tarefa voluntaria.

Entre as novidades que implanta, cabe destacar que establece o voluntariado como un dereito da cidadanía e como tal, debe estar presente dende as primeiras etapas educativas. Ademais, traza una clara diferenza entre emprego e voluntariado; neste sentido prohibe as administracións, empresas e demais organizacións a substitución de postos de traballo por persoas voluntarias.

Por outra banda, a Lei dispón que só debe considerarse o voluntariado aquela tarefa que se coordina desde as organizacións sociais. Outra cuestión novidosa é que recoñece hasta oito ámbitos de voluntariado ademais do social, como o medioambiental, o cultural, o educativo ou o deportivo, entre outros. A lei, ademais, dedica un capítulo os dereitos e deberes das persoas voluntarias e a quen se benefician de la acción solidaria.