70 Personas en situación de pobreza y exclusión social reclamaron una salud mental accesible en el XV Encuentro de Participación de Galicia

18.06.2024| Apagado Comments off on 70 Personas en situación de pobreza y exclusión social reclamaron una salud mental accesible en el XV Encuentro de Participación de Galicia|
Compartir nas redes
O pasado 11 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela o XV Encontro Galego de Participación para persoas en pobreza ou en risco de exclusión social baixo o lema “A saúde mental importa? Impacto da saúde mental na vulnerabilidade das persoas».
Tratouse dunha xornada durante a cal os asistentes traballaron na elaboración de propostas de mellora sobre o coidado da saúde mental desde o propio individuo/a pero tamén desde o seu entorno, comunidades e administracións públicas.
O encontro, que contou coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) mi, máis tarde, trasladouse á Praza 8 de marzo onde se procedeu á lectura do manifesto resultante do traballo de toda a xornada.

Un ano máis e, baixo o lema “A saúde mental importa? Impacto da saúde mental na vulnerabilidade das persoas”, celebrouse o XV Encontro Galego de Participación Social, o evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social.

Nesta ocasión, a xornada tivo como obxectivo a participación activa de persoas vulnerabilizadas para reclamar de xeito colectivo melloras no tratamento da saúde mental. Buscouse que os participantes reflexionasen sobre a temática e intercambiasen coñecementos para mellorar así a comprensión e a abordaxe dos desafíos desta problemática.

Cartel do XV Encontro Galego de Participación

A actividade contou coa constante participación e colaboración de entidades como acceso, AGARESO, Fundación de Solidaridad Amaranta, Asociación de Migrantes de Galicia- Amiga, Boa Vida Inclusión Activa, Cáritas Mondoñedo- Ferrol, COGAMI, Teima Down Ferrol, Ecos do Sur, Emaús, Fundación Esplai, Saúde Mental Feafes Galicia, Fundación JuanSoñador, Fundación Secretariado Gitano, Fundación Ronsel, Fundación Meniños, ONG Mestura mi Asociación Provivienda.

A xornada desenrolouse principalmente na Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia (EGAP), en Santiago de Compostela, coa benvida e a rendición de contas da presidente de EAPN Galicia, Ana Pardo e o director da Rede, Xosé Cuns, e a palestra marco introdutoria sobre saúde mental e pobreza da man do presidente de Saúde Mental Feafes Galicia, Xosé Ramón Girón.

Traballo en grupos

Posteriormente tivo lugar a actividade de traballo en grupos no que os participantes debían compartir as súas reflexións para responder a tres preguntas que enmarcaron a xornada:

  • Que é para ti a saúde mental?
  • Que fas ou podes facer ti para coidar a túa saúde mental?
  • Que fan ou poden facer o teu entorno, a comunidade, organizacións e administracións para coidar a túa saúde mental?

Das propostas recompiladas nos grupos de traballo puidéronse extraer conclusións como que é urxente facilitar o acceso a profesionais da saúde mental para tódalas persoas, independentemente da violencia estrutural que as atravese, e que a autoaceptación e a creación dun entorno seguro son primordiais para mellorar a saúde mental da cidadanía.

Un momento da dinámica «crebaxeos»

Durante todo o encontro, as persoas participantes puideron interactuar entre elas grazas á dinámica “crebaxeos” unha iniciativa orientada á desinhibición e ao intercambio de experiencias persoais co obxectivo de tecer novas relacións e crear sentimento de grupo.

A xornada da tarde comezou coa votación, por parte das persoas participantes, das propostas extraídas dos grupos de traballo que mellor respondían á terceira das preguntas que se formularon. Más tarde, pasouse á clausura oficial do encontro, que contou coa presenza da Subdirectora de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Ana Aboy, e novamente coa Presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo.

Fin da xornada

Xa para finalizar o traballo na EGAP, coñeceuse o resultado da votación e pasouse á parte máis informal deste XV Encontro de Participación, a entrega de premios da dinámica “crebaxeos” que deu lugar a divertidos momentos e cánticos.

Trala clausura oficial, as persoas participantes animáronse a cantar antes da entrega de premios

[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»https://www.facebook.com/media/set/?set=a.867320555428159&type=3″ objetivo =»»]Búscate no noso álbum do XV Encontro Galego de Participación [/botón]

Para rematar de xeito redondo o encontro, as persoas participantes desprazáronse á Praza 8 de marzo para realizar unha última actividade en grupo (a elaboración dun debuxo a base de trazos de todos/as asistentes) y otros lectura do manifesto que incluía as cinco reclamacións máis votadas durante a xornada da tarde:

  • Dotación de recursos económicos destinados a aumentar o número de profesionais da saúde e fortalecemento dos perfiles profesionais das entidades do Terceiro Sector, reforzando así a calidade da atención ás persoas nunha colaboración entre o sector sanitario e o sector social.
  • Facilidades para o acceso a unha vivenda sen depender dun contrato de traballo. Cobertura da necesidade básica da vivenda, sendo estas actualmente inadecuadas, temporais, compartidas entre varias persoas, limitando el espazo e a privacidade persoal.
  • Formación e capacitación dos profesionais do ámbito educativo en xestión emocional, promoción de campañas de sensibilización e recuperación de espazos comunitarios.
  • Promoción da saúde comunitaria, transversalizar a saúde mental: tendo en conta as necesidades de cada persoa e a violencia estrutural que as atravesa (capacitismo, racismo, bullying, infantilización das persoas con discapacidade intelectual, violencia machista). Visión multidisciplinar das necesidades (creación de espazos seguros, responsabilidade comunitaria, de información ao entorno familiar, incidencia política en canto á temática).
  • Concienciar e educar na saúde mental en adultos e en escolas, eliminando os discursos de odio e o estigma sobre a saúde mental.

[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2024/06/Informe-conclusions-XV-Encontro-Participacion-2024.pdf» objetivo =»»]Consulta aquí o Documento final de conclusións do encontro [/botón]

Neste vídeo podes ver a lectura do manifesto «A saúde mental, importa? que tivo lugar na Praza 8 de Marzo en Santiago de Compostela.

[YouTube]https://www.youtube.com/watch?v=DvLUJT8ua8Q[/YouTube]

 

Aquí podes ver un breve resumo da xornada.

[YouTube]https://www.youtube.com/watch?v=75oeZmRr-F4[/YouTube]

 

Material e documentación relacionada

Cartel e programa do encontro

Manifiesto «A saúde mental, importa

Tríptico informativo

Documento final de conclusións