Abondan as razóns positivas para celebrar o I Cumio Galego contra o Odio

16.06.2021| Apagado Comments off on Abondan as razóns positivas para celebrar o I Cumio Galego contra o Odio|
Compartir nas redes
O pasado 30 de xuño o Grupo de Comunicación de EAPN Galicia, en colaboración con Ecos do Sur, organizou este evento en liña para dar a coñecer e crear rede entre as múltiples e diversas iniciativas postas en marcha en Galicia para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas.
A través desta xornada identificáronse persoas e organizacións, con proxectos e iniciativas que se están a desenvolver en Galicia para seren difundidas tanto en redes sociais coa etiqueta #ContrAporofobia como nunha Guía de Estilo para comunicadoras sobre Aporofobia e Discurso do Odio.

 

 

No 2015, las entidades adheridas a EAPN Galicia aprobaron por unanimidad la Código de conducta y buenas prácticas en la comunicación de la pobreza y la exclusión social, comprometéndose a «fomentar un discurso responsable e xusto, afastado de estereotipos e mecanismos que produzan ou manteñan as situacións de discriminación»

Sen sabelo, este decálogo fue el primer esfuerzo por generar un discurso de narrativas alternativas y positivas, lejos del bienestar y de la culpabilidad y estigmatización de las personas en situación de pobreza o exclusión social.

Dos años después, las propias personas afectadas, participantes no Seminario “Participando contra prexuízos e #MentirasPobreza” denunciaron nun Muro das Mentiras a pandemia de odio que xa estaban a sufrir.

El primer lugar donde se mostraron el Muro de Mentiras y el Muro de la Inclusión fue en el Parlamento de Galicia. No 2017, y reiterado en 2020 fue aprobado por unanimidad Declaración Institucional contra el odio y la intolerancia hacia las personas en situación de pobreza o exclusión.

Una sociedad civil movilizada contra el odio

Frente y en paralelo a un crecimiento aparentemente abrumador y artificial del discurso de odio en las redes sociales y los parlamentos, nos últimos anos veñen xurdindo multitude de iniciativas postas en marcha por persoas e organizacións para xerar narrativas alternativas e poñer en valor a tolerancia e a xustiza social.

É un feito o avance na loita contra a aporofobia e o discurso do odio dende as múltiples iniciativas de comunicación das organizacións do Terceiro Sector membro de EAPN, coordinando dende Galicia campañas estatais como #ContrAporofobia ou #RendaMínimaSi: Pon os teus prexuízos en corentena, ou en xornadas de formación sobre Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación dende Administracións Públicas e ONG.

A recentemente aprobada Lei de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, inclúe unha disposición adicional pola que a aporofobia será perseguida como delito de odio. Unha demanda atendida e que permite que o termo de aporofobia non só se atope nas academias da lingua senón tamén no Código penal.

Deste xeito, en EAPN Galicia somos conscientes da multitude de iniciativas e proxectos postos en marcha no noso territorio para difundir novas narrativas, e quixemos contribuír a darlles visibilidade e poñelas en común.

A xornada contou con máis de 60 asistentes que puideron coñecer o funcionamento dalgunhas iniciativas galegas que loitan contra o odio e a discriminación dende o ámbito xudicial, educativo, comunitario, narrativa y ciberactivismo, concluíndo que son necesarias políticas máis igualitarias e inclusivas e continuar traballando nun cambio a nivel narrativo que redunde nun cambio social.

[su_column size=»1/2″ center=»No» class=»»]
Seguimos buscando iniciativas!

Se ti ou a túa organización contades con algunha iniciativa destas características queremos coñecela! Podes cubrir a seguinte ficha e facérnola chegar a info@eapn-galicia.com. Estaremos encantadas de saber de vos e de poñernos en contacto! Por suposto, podes compartir e difundir esta nova para que chegue a cantas máis persoas mellor.

[su_button url=»http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2021/06/Ficha_iniciativas_contra_o_odio_2021-FORMULARIO.pdf» objetivo =»blank» style=»» background=»#51748a» tamaño =»6″ wide=»yes» center=»yes» title=»»]FICHA DE INICIATIVAS[/su_button]
[YouTube]https://www.youtube.com/watch?v=jfwCfISK2yk[/YouTube]

PROGRAMA

 

09.30 09.45 Presentación

Eloina Ingerto. Presidenta EAPN Galicia

Miguel Angel Santalices. Presidente Parlamento de Galicia

María Dolores Fernández. Valedora do Pobo

Arturo Parrado. Director Xeral de Inclusión Social

09.45 10.30 Camiños contra o odio

O camiño legal: a aporofobia como delito de odio, con Eva Serrano. Fiscalía Xeral do Estado

O camiño das novas narrativas, con Natalia Monje. Ecos do Sur – CibeRespect

O camiño do activismo e accións en redes sociais, con Anxela Iglesias. LaIntersección.net

10.30 10.45 Guía sobre aporofobia e discurso do odio

11.00 12.05 Iniciativas contra o odio en Galicia

Proxecto Dixitáis: Laboratorio cidadán para a competencia dixital e mediática (UVigo)

Muda o Conto: Contra o discurso de odio (agarosa)

Participación de familias migrantes na escola (acceso)

Proyecto CibeRespeto (Ecos do Sur)

#Daravoltaaotexto: O Discurso do Ódio não é argumento (EAPN Portugal)

Litigio estratégico, defensa xurisdicional ás vítimas de discriminación e delitos de odio e o Servizo de Asistencia e Orientación a Vítimas de Discriminación Racial ou Étnico (Fundación Secretaría Gitana)

Mulleres Pontevedresas na Rede. Análise do discurso, micromachismos e discurso de odio en Twitter (UVigo)

Círculo de mulleres: Creación dun espazo propio de mulleres empoderadas (Fundación Juan Soñador)

12.05 12.30 Coloquio

Outras iniciativas recibidas
  • Protéxete do racismo: pon o foco en combater o odio intensificado pola pandemia do coronavirus. (agarosa)
  • Dicionarios audiovisuais de ida e volta: é un exemplo de nova narrativa no terreo das migracións. (agarosa)
  • «Que nada nos separe»: mensaxe de sensibilización social: “Se temos tantas cousas en común, por que deixamos que un só cromosoma nos separe?". (Por Galicia)
  • #FóraPrexuízos: campaña de concienciación para tratar de desbotar os prexuízos existentes contra as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. (Por Galicia)
  • Guía de estilo sobre persoas coa síndrome de Down: Manual orientado a sensibilizar, e concienciar sobre a terminoloxía máis adecuada para referirse ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais (Por Galicia)
  • Síndrome de Downguía rápida: Vídeo animado no que se explica que é a síndrome de Down de maneira sinxela e visual. (Por Galicia)
  • Libro os Bolechas: «Xela celebra o seu aniversario»: A historia céntrase na celebración dun aniversario, xa que soe ser un dos momentos máis excluíntes para as persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais. (Por Galicia)
  • Fear of missing out: Dignificar a saúde mental a través da arte e visibilizar os problemas de saúde mental e mostrar as capacidades das persoas que os teñen. (FEAFES)
  • Botemos o estigma ao lixo: Sensibilizar á cidadanía sobre os obstáculos que provoca o estigma nas persoas con problemas de saúde mental. (FEAFES)
  • Nós vémolo claro, ti que ves?: Dar continuidade á campaña “Botemos o estigma ao lixo” e amosar solucións positivas. (FEAFES)
  • Elas tamén contan: Dar voz e visibilizar ás mulleres con problemas de saúde mental. (FEAFES)
  • Eu non teño prexuízos: campaña para loitar contra o estigma asociado aos problemas de saúde mental. (FEAFES)
  • Eu non son o meu dano cerebral adquirido: campaña para visibilizar ás persoas con dano cerebral adquirido. (FEGADACE)
  • Achégate á rede: iniciativa destinada a capacitar e dotar de autonomía dixital, tanto en ordenadores como en teléfonos móbiles, a mulleres en situación de vulnerabilidade. (Fundación Érguete)
  • formas de ver: está destinado a persoas que están cumprindo unha condea en réxime de semiliberdade. (Fundación Érguete)
  • Non nos xulgues: campaña contra o estigma que padece a mocidade tutelada. (Igaxes)
  • Red Conecta Migración (Iniciativa #sinprejuiciosRCM): propósito de sensibilizar á cidadanía, combater os prexuízos e reivindicar a diversidade como valor indispensable para a cidadanía global. (Fundación Esplai)
  • OSOLIÑO VIOLETA: Exposición de fotos e curtametraxes contra as violencias machistas.