As axudas municipais para necesidades básicas son prestacións, non subvencións

A modificación da Lei 9/2007 de subvencións habilita expresamente aos concellos para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial -axudas municipais de emerxencia social- sen ter que someterse ao réxime xeral da lei de subvencións.
Nun oficio remitido dende a Consellería de Política Social aos concellos galegos, se informa que no seu artigo 29, a Lei de 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, modifica o artigo 2.2. a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, establecendo que “non teñen o carácter de subvencións as prestacións (…) destinadas a persoas físicas, e as prestacións autonómicas e municipais de natureza similar a estas ou de carácter asistencial".
Por tanto, como se di no oficio: “a partir do 30/01/2021 (…) os concellos quedan expresamente habilitados, por ministerio da lei, para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial» (axudas municipais de emerxencia social destinadas a cubrir as necesidades básicas das persoas en situación de vulnerabilidade) sen ter que someterse ao réxime xeral da lei de subvencións"
Ata agora, con carácter xeral e dependendo nalgúns casos de meras interpretacións persoais, algúns concellos viñan seguindo o criterio de aplicarlles a normativa xeral das subvencións ás axudas municipais de emerxencia social, a pesar da clara natureza asistencial das mesmas, na súa condición de prestacións económicas para a cobertura de necesidades básicas da poboación máis vulnerable.
Como teñen denunciado en infinidade de ocasións as propias persoas afectadas tanto ás organizacións de acción social como á propia EAPN Galicia, esixirlles absurdos requisitos burocráticos a quenes carecen de recursos económicos para cubrir as súas necesidades básicas (alimentación, aseo, vestimenta, vivenda…) supón un imposible que está a impedir a súa saída da pobreza e a exclusión social, cando non unha aberta culpabilización pola súa situación.
Compre salientar e agradecer a filosofía didáctica do oficio é a súa detallada xustificación xurídica e metodolóxica, argumentando incluso a menor necesidade do control ex ante ante a obriga de Comunidades Autónomas e entidades locais de comunicar todo tipo de axudas sociais á Axencia Tributaria, o que permite avanzar na oportunidade de sistematizar o control ex post asegurando o bo fin dos fondos públicos pero con moita menos carga burocrática.
Precisamente nos momentos que estamos a vivir, tendo en conta as graves consecuencias sociais derivadas da crise provocada pola pandemia da COVID-19, resulta especialmente oportuno este oficio para remover os atrancos que dificultan que as axudas municipais de emerxencia social cumpran a súa finalidade.
[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2021/02/Oficio-concellos-modificación-Lei-de-subvencións-de-Galicia-asinado.pdf» objetivo =»»]Descarga Oficio Axudas municipais Prestacións non subvencións 110221[/botón]
Actualización do 15 de decembro do 2021
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ve ilegal a ordeanza fiscal do Concello de Vigo por asemellar como salario as axudas de emerxencia social e apunta que estas axudas de emerxencia non poderán ser obxecto de embargo ou retención como xa ocorre ca RISGA.
O Alto Tribunal galego estima unha contradición coa Lei de Inclusión Social de Galicia que determina que esta renda “terá carácter alimenticio, persoal e non transmisible”, e por tanto, non poderá ser obxecto de embargo ou retención “en garantía de obrigacións”.
Deste xeito, no artigo considerado ilegal destaca que “terán a consideración de soldo, salario ou pensión as cantidades percibidas por un debedor correspondentes á última mensualidade ingresada”. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia indica que este texto “pugna directamente” coa Lei galega.
Actualización 31 de decembro do 2021 mi 13 de xullo de 2022. Bono de alugueiro social considérase axuda prestacional de carácter asistencial
O Artigo 33 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas modifica a Disposición adicional vixésimo primeira da a Lei 8/2012 de vivenda de Galicia no seguinte senso:
1. Para efectos do previsto na alínea a) do número 2 do artigo 2 da Lei 9/2007, do 13 de junio, de subvencións de Galicia, as axudas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero outorgadas pola Administración autonómica teñen a consideración de axudas prestacionais de carácter asistencial.
2. A normativa reguladora das devanditas axudas determinará os requisitos para ter a condición de persoa beneficiaria e o procedemento para a súa concesión no que deberán cumprirse os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación»
Na Disposición Xeral Primeira.3 da RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social queda recollido que «as axudas do bono de alugueiro social outorgadas pola Administración autonómica teñen a consideración de axudas prestacionais de carácter asistencial»






