Warning: Undefined array key "file" in /var/www/vhosts/devecomputer.com/eapngalicia.devecomputer.com/wp-includes/media.php on line 1788
Warning: Undefined array key "file" in /var/www/vhosts/devecomputer.com/eapngalicia.devecomputer.com/wp-includes/media.php on line 1788
Cómo aseguramos a participación das persoas en exclusión nas organizacións sociais?

O Grupo de Participación de EAPN Galicia participou no XX Congreso Estatal de Voluntariado cun obradoiro e as exposicións «Un muro de mentiras» mi » Ninguén á marxe»

Dende EAPN-Galicia, membro do comité experto do XX Congreso Estatal de Voluntariado incidiuse en que entre os temas prioritarios do Congreso deberían estar a loita contra a aporofobia e os prexuízos e a participación das persoas en situación de pobreza nas entidades de acción social.

Organizouse un obradoiro para aprender e reflexionar sobre como asegurar a participación das persoas en pobreza ou exclusión nas organizacións sociais ou qué barreiras o impiden.
Na actividade, moderada por Yosi Ledesma e Sara Abella, tratouse de dialogar entras as persoas e entidades do Terceiro Sector para que a participación das persoas sexa tratada dende un enfoque horizontal e non vertical e asistencialista, es decir, que se traballe coas persoas e non para elas.
O obradoiro estivo conformado por un grupo moi heteroxéneo sobre todo de mulleres, tanto profesionais como voluntarias en organizacións e centros educativos. No mesmo, reflexionouse tamén sobre outras barreiras que impiden a plena participación, como a aporofobia ou a violencia administrativa, términos acuñados polas persoas participantes nos diferentes seminarios de Participación de EAPN España e que xa eran coñecidos por moitas das persoas participantes.

«La gente no tiene la culpa de su pobreza.. Ni las niñas y los niños ni sus madres y padres. Ninguén é inútil nin culpable do seu sufrimento»
Paralelamente, tamén se quiso amosar no Congreso, tanto a Declaración Institucional do Parlamento de Galicia contra o odiocomo as exposicións O Muro das Mentiras contra prexuízos e odio ás persoas en pobreza ou exclusión e «Ninguén á marxe«, con 32 as súas demandas para erradicala.







