É imposible unha reactivación económica e social se non se multiplica o investimento en vivenda digna e accesible

18.11.2020| Apagado Comments off on É imposible unha reactivación económica e social se non se multiplica o investimento en vivenda digna e accesible|
Compartir nas redes
EAPN Galicia participa na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia incidindo en que o investimento en vivenda digna e accesible é a obra pública que debería ser prioritaria nos capítulos 6 mi 7 dos vindeiros orzamentos en Xunta, concellos e deputacións.
A COVID-19 trouxo un agravamento notable da situación das persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica, en especial mulleres, mozas e mozos e nenas e nenos
Loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade esixe fuxir do asistencialismo e asegurar a satisfacción incondicional das necesidades básicas e o dereito, non a obriga, a unha inclusión social activa baseada na garantía de ingresos

El presidente de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, participou na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural tras o seu convite unánime dos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia para trasladar as demandas para combater a pobreza e a exclusión social que desde as 130 organizacións sociais membro da Rede lévanse reclamando durante a pandemia pola Covid-19 e perante a nova lexislatura.

A intervención comezou lembrando e agradecendo aos grupos parlamentarios polo seu compromiso adquirido na Declaración Institucional contra a pobreza e a exclusión, onde se fixo fincapé no panorama actual onde «o deterioro da calidade de vida das persoas en peor situación é concluínte en todos os indicadores.

Desde a EAPN Galicia lembrouse como a Covid-19 trouxo un agravamento notable da situación das persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica, en especial mulleres, mozas e mozos e nenas e nenos.

A pobreza non se acompaña, combátese. E como calquera outra política de estado, non se improvisa nin consiste nunha suma de medidas curtopracistas de escaso impacto e dubidoso éxito comunicativo: esixe constancia e un compromiso de estabilidade orzamentaria, planificación estratéxica a medio e longo prazo e transparencia no seguimento de indicadores e medidasrefería Eloína Ingerto.

No seu discurso tamén se referiu á necesidade de loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade dende un enfoque de dereitos o que esixe fuxir do asistencialismo e asegurar non so a satisfacción incondicional das necesidades básicas senón tamén o dereito, non a obriga, a unha inclusión social activa.

Neste senso valorou positivamente iniciativas como a Tarxeta moedeiro Básica e expresou «o noso profundo malestar cando ano tras ano temos que presenciar como moitos concellos seguen a evadir a súa responsabilidade promocionando campañas de recollida e reparto de alimentos en vez de asegurar a dignidade das persoas e a súa inclusión social»

A vivenda como obra pública e o emprego digno para erradicar a pobreza e a exclusión social

A presidenta de EAPN Galicia recoñeceu «a nosa frustración e ata impotencia por non estar sendo capaces de transmitir coa gravidade que merece a situación de emerxencia residencial na que viven milleiros de familias galegas» e en que «o elevado gasto en vivenda non digna nin accesible está a actuar como un aspirador de rendas que obriga as persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social.

Para combatir unha emerxencia residencial, que según o Informe FOESSA afectaba xa no 2018 ao 35% da poboación galega, recomendouse a creación dunha Comisión parlamentaria sobre vivenda e exclusión residencial e medidas específicas como a erradicación do chabolismo e a infravivenda ou a promoción da rehabilitación e o alugueiro social para promover o acceso á 40.000 vivendas dignas e accesibles no 2023.

Reiterouse tamén a obriga de cumprir a lexislación vixente e asegurar a accesibilidade universal en infraestruturas e edificios públicos e privados, crendo imprescindible subordinar o investimento en obra pública da Xunta de Galicia a este obxectivo.

No tocante ao emprego, a presidenta da Rede apuntou a unha das demandas das persoas en pobreza ou exclusión social: «menos cursos e mais emprego«. Deste xeito, ante os datos da última Enquisa de Condicións de Vida que reflicten un acceso moi limitado ao emprego e en condicións de precariedade nos anos anteriores ao confinamento,

Eloína Ingerto sinalou quenon calquera emprego protexe da pobrezae que o dereito á inclusión sociolaboral implica un acompañamento estable, persoalizado e coordinado entre Servizos Sociais e Emprego, en especial na Xunta de Galicia entre as consellerías de Política Social e Emprego e Igualdade.

[YouTube]https://www.youtube.com/watch?v=xV92aiePpqI[/YouTube]
Unha política social que non deixe a ninguén atrás. En especial á infancia e a mocidade

Desde a EAPN Galicia tamén lembrou o compromiso do Pleno de Investidura en blindar o orzamento da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) asegurando a súa compatibilidade e subsidiariedade co Ingreso Mínimo Vital (IMV). Complementando ingresos ata o limiar de pobreza relativa, en especial naquelas familias con nenos, nenas ou persoas con dependencia, aumenando a cobertura do IMV naquelas persoas, non so unidades de convivencia, non beneficiarias do mesmo que vivan en Galicia ou con factores agravantes como violencia machista, etnia, idade ou discapacidade e asegurando o dereito á inclusión sociolaboral.

Asemade, apuntouse na necesidade de apostar pola infancia a través da modificación da Lei de Inclusión, pero tamén coa implementación dunhalei específica que mellore o seu marco de protección.

Igualmente, a presidenta da EAPN Galicia fixo referencia ao documentoAs persoas primeiro onde se recollen demandas noutros eidos coma rural, violencia machista ou persoas en situación de dependencia.

Nesta liña, incidiuse sobre a problemática que xera a burocracia: ‘proclamar que as persoas non son culpables da súa pobreza é papel mollado se non se afronta con decisión a loita contra a burocracia extrema. A nova lei anunciada polo presidente da Xunta sobre este tema so será efectiva se inclúe ás persoas en pobreza ou exclusión e as organizacións do Terceiro Sector»

Por último, Eloína Ingerto sinalou a necesidade de continuar co diálogo civil coas organizacións non lucrativas do Terceiro Sector de Acción Social. Concretamente destacou que as entidades sociaissomos un sector produtivo máis, que crea valor económico e social como calquera outro e tamén parte e garante do Sistema Público de Servizos Sociais e Emprego. Por iso reclamouse unha Lei do Terceiro Sector de Acción Social «que regule e recoñeza o noso papel e a interlocución coa administración pública»

 

[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2020/11/Intervención-Eloína-Ingerto-Parlamento-de-Galicia-Comisión-COVID-2020.pdf» objetivo =»»]Accede aquí ao texto coa intervención completa[/botón]

[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»http://mediateca.parlamentodegalicia.gal/library/items/comision-covid-19-2020-11-17″]Accede aquí ao vídeo coa intervención completa[/botón]

[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2020/11/Demandas-EAPN-Galicia-e-coincidencia-programas-Lexislatura-2020.pdf» objetivo =»»]Accede aquí ao documento de coincidencia entre demandas EAPN e programas electorais[/botón]