En marcha o TALLER TIPI: Transparencia, Información, Participación e Incidencia

18.06.2015| Apagado Comments off on En marcha o TALLER TIPI: Transparencia, Información, Participación e Incidencia|
Compartir nas redes

O martes 30 de xuño de 9:30 a 13:30 na Aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela

 

Cartel TIPI, Transparencia, Información,Participación,Incidencia

O taller vai dirixido a calquera organización do Terceiro Sector interesada en aumentar a súa presenza, participación e influencia na vida política no referente á loita contra a pobreza. Tamén a profesionais dos medios de comunicación e calquera persoa interesada.

Traballaremos sobre xornalismo de datos e presentarase en exclusiva a ferramenta online TIPI de transparencia, rendición de contas e participación para a incidencia política. Pobreza infantil, inmigración, sanidade, educación, vivenda, emprego digno, inclusión laboral ou persoas sen fogar son algunhas das etiquetas que se empregarán para descubrir qué se fixo ao respecto no Congreso dos Deputados (aplicable posteriormente a outros parlamentos).

TIPI é posible grazas á participación da Fundación Porcausa, EAPN-Castilla La Mancha e CIECODE (como organizacións socias) e UNICEF e EAPN-España como organizacións colaboradoras. No taller de Santiago de Compostela colabora EAPN Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Neste documento está toda a información e o programa da xornada

Información e programa TALLER TIPI 300615 Compostela

O taller é de balde máis é necesaria a inscripción previa neste enlace.