España atópase a cola dos países máis desenvolvidos en desigualdade da infancia

09.06.2016| Apagado Comments off on España atópase a cola dos países máis desenvolvidos en desigualdade da infancia|
Compartir nas redes
A Vicepresidenta de EAPN Galicia, Mónica Permuy, participou na presentación do informe de UNICEF “Equidade para os nenos. O caso de España”

No informe presentado por Carmelo Angulo, Presidente de UNICEF, reflíctese a situación na que, cada vez máis, se ven inmersos nenos e mozos residentes en España.

Y crecemento do 290% dende 2007 no número de fogares con nenos nos que os adultos están sen traballo, y 33% de risco de pobreza infantil e un 38% en mozos, reflicten unha realidade a que, segundo a entidade, non se lle está dando unha resposta axeitada.

Neste senso, o presidente de UNICEF afirmaba que “ facer fronte ás desigualdades sociais que afectan á infancia debe ser unha peza clave en tódalas políticas relacionadas cos nenos e o seu benestar económico, social e emocional"

A Vicepresidenta de EAPN Galicia e o Presidente de Unicef na charla sobre "Equidade para os nenos". Club Faro de Vigo

A vicepresidenta de EAPN Galicia e o presidente de Unicef na charla sobre «Equidade para os nenos». Club Faro de Vigo

Mónica Permuy de EAPN Galicia recalcalba que “nunha comunidade como Galicia, onde a pobreza e exclusión social afecta a un 25.7% da poboación é fundamental que as política social afonden nesta problemática, poñendo especial atención nos nenos e mozos, que constitúen un dos colectivos máis perxudicados"

Co fin de esixir solucións fronte a esta problemática , UNICEF solicita no seu informe que se tomen as seguintes medidas:

  • Prestación por fillo de 1.200 euros anuais, empezando polos fogares con menos ingresos.
  • Máis bolsas escolares e apoio educativo, y educación 0-3 accesible para todos.
  • Garantir de forma universal o acceso á saúde e facer máis accesibles os medicamentos.
  • Tomar o benestar subxectivo infantil en serio: realizar un barómetro de infancia.
  • Mellorar os indicadores e o seguimento da desigualdade, tamén na infancia, e comprometerse con metas nacionais e internacionais.

Se estás de acordo, ÚNETE POLO CAMBIO!