Loitando contra a pobreza e a exclusión social dende o rural

20.11.2020| Apagado Comments off on Loitando contra a pobreza e a exclusión social dende o rural|
Compartir nas redes
EAPN está a realizar un proceso de investigación e participación para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos como a vivenda e o emprego, así como para loitar de xeito eficaz contra a pobreza e a exclusión social.
oh 4 de decembro, nunha xornada participaron máis de 80 entidades ou persoas vinculadas ao medio rural, presentaronse os resultados da consulta previa sobre prioridades de actuación e boas experiencias nestes e outros eidos.
Coas conclusións da consulta e a xornada estase a realizar un informe co diagnóstico da situación e posibles medidas a levar a cabo, que serán a base da estratexia de incidencia política na nova Axenda Social de Galicia, tanto cos departamentos implicados na Xunta de Galicia como cos concellos e deputacións a través da FEGAMP.

Baixo o lemaLoitando contra a pobreza e a exclusión social dende o rural, EAPN España e EAPN Galicia, en colaboración coa Federación Terra e Xente, organizaron, o 4 de decembro, unha xornada práctica sobre medidas para frear a pobreza, a exclusión e o abandono do medio rural.

O obxectivo desta actividade foi o deseño de propostas para garantir a loita contra a pobreza e a exclusión así como o acceso á vivenda accesible e ao emprego inclusivo.

Dende unha visión positiva e propositiva abordáronse estes eidos durante toda a xornada, iniciádose cun diálogo inicial moderado pola presidenta de COCEDER España, Tamara Balboa, xunto con representantes técnicos das Consellerías de Medio Rural e Política Social. A continuación, tivo lugar un panel de experiencias coa participación de CDR O Viso, Federacion Galega de Turismo Rural, Daqui Darredor, Milhulloa, COGAMI mi Fundación Entretantos. Para finalizar, as persoas asistentes reunironse grupos de traballo, onde puideron validar as demandas xa prantexadas dende EAPN ás distintas forzas políticas, así como identificar novas propostas e medidas de actuación.

As demandas, xunto coa consulta previa realizada, son a base para a elaboración dun informe co diagnóstico da situación e posibles medidas a levar a cabo, que se presentará en breve e que será a base da estratexia de incidencia política na nova Axenda Social de Galicia, tanto cos departamentos implicados na Xunta de Galicia como cos concellos e deputacións a través da FEGAMP.

Algunhas das propostas resultado da xornada foron as seguintes:

Contra a pobreza e a exclusión social

    • Por en marcha medidas eficaces para posibilitar a repoboación do medio rural: acceso á terra, á vivenda, transporte, novas tecnoloxías, mantemento de servizos básicos, etc..
    • Convocatoria específica de inclusión social no eido rural con cargo a fondos FEADER.
    • Mobilizar os recursos infrautilizados

Para unha vivenda digna e accesible

    • Favorecer a renovación da vivenda rural e a súa mobilización, creando bolsas de alugueiro. En especial das de administracións públicas como Educación.
    • Axudas para a rehabilitación ou mellora de vivenda en entorno rural baixo o enfoque da sustentabilidade, xunto á capacitación de profesionais como un novo sector profesional. Deben ser flexibles, sen excesivos límites ou requisitos que xeran que a xente non opte por rehabilitar.
    • Establecer un diagnóstico no que se recolla a demanda de vivenda xunta á oferta existente no rural á par que se valoren os motivos do abandono.
    • Implementar o ‘Programa de vivendas baleiras’ na contorna rural, motivando a adhesión de máis concellos.

Para un emprego inclusivo e de calidade

    • Fomentar na contratación pública o emprego local digno, por conta propia ou allea ou coa creación de cooperativas e empresas da economía social, e o consumo dos recursos do territorio: residencias, servizo axuda no fogar, comedores escolares, etcétera.
    • Promover a diversificación dos sectores profesionais a través do fomento de cooperativas de produción local, así coma a compra e venda dos produtos dende as institucións.
    • Impulso e apoio a Empresas de Inserción no ámbito rural. Hortos sociais e bancos de alimentos frescos e saudables.
    • Fomentar os obradoiros de emprego, curso AFD (con obtención de certificado de profesionalidade) en nichos de mercado con alta empregabilidade, pero adaptando a formación á realidade social e territorial

 

Material da xornada