oferta de trabajo: Técnica investigación, dinamización e comunicación de boas prácticas de inserción sociolaboral

EAPN Galicia busca unha persoa para apoiar ás iniciativas e propostas de incidencia política para a inclusión de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social; así como na investigación, recollida e comunicación de boas prácticas de inserción sociolaboral e axudar a dinamizar e apoiar ás entidades membro da rede..
Buscamos a unha ou un profesional con coñecemento ou experiencia en investigación aplicada, redacción de informes, manuais de boas prácticas ou traballos de investigación, preferentemente de programas de inclusión social e/ou acceso ao emprego. Que nos axude ata final do 2023 a detectar e comunicar boas prácticas e propostas e demandas de EAPN Galicia para mellorar as políticas de inclusión social e laboral e as intervencións con persoas en risco ou situación de pobreza ou exclusión social dende entidades do Terceiro Sector Social.
Traballar nunha rede de entidades e profesionais adicadas á incidencia política require habilidades de flexibilidade, comunicación, empatía e capacidade de adaptación ás necesidades da base social ou das administracións públicas así como unha continua orientación para o traballo en equipo e unha alta capacidade de organización e resposta en prazos axustados.
As persoas interesadas poden enviar á dirección de correo electrónico info@eapn-galicia.com, ata o 15 Septiembre de 2022 (incluído), co asunto “Selección técnica investigación + NOME E APELIDOS».
Achegando CV actualizado e carta de motivación e experiencia que inclúe 3/4 propostas xustificadas para a mellora das políticas de inclusión sociolaboral das persoas en situación de pobreza ou exclusión social en Galicia (máximo 2 páxinas).
[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2022/09/Oferta-Tecnica-investigacion-comunicacion-emprego-EAPN-Galicia-060922.pdf» objetivo =»»]Detalle perfil, condicións e funcións[/botón]






