Por que o Ingreso Mínimo Vital non está a chegar a todas as persoas que teñen dereito?

Arranca en Galicia o proxecto «Detección e mobilización das persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en situación de Non take-up».
O obxectivo é identificar as barreiras polas que as persoas que teñen dereito ao Ingreso Mínimo Vital non o están obtendo.
No 2023 o Grupo de Inclusión de EAPN Galicia traballará nas propostas para a nova Lei de Inclusión de Galicia.
EAPN Galicia comeza co desenvolvemento do proxecto “Detección e mobilización das persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en situación de Non Take-up", que ten unha duración dun ano e supón a incorporación dun equipo técnico formado por tres persoas: unha coordinadora e dúas técnicas.
oh proceso de intervención estará centrado en asesorar e acompañar a persoas na tramitación do Ingreso Mínimo Vital, a través de accións de información e apoio no proceso de solicitude. En total, prevese que participen no proxecto máis de 600 persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en Galicia que non o están percibindo, e aumentar así a cobertura da prestación, que aínda non acadou os obxectivos desexados coa súa posta en marcha.
Enténdese por persoas en situación de Non Take-Up (NTU) a aquelas persoas que non acceden a unha prestación para a que compren requisitos, por diferentes razóns.
- NTU primario: descoñecemento da norma e non realización da solicitude.
- NTU secundario: desistencia no proceso de tramite pola súa dificultade o falta de proximidade da administración, así como rexeitamentos administrativos da solicitude por razón de tempo ou forma.
Os equipos territoriais deste proxecto están implementando un proceso de investigación e intervención en zonas de alta incidencia de pobreza severa distribuídos por todo o país. Mediante a recollida de datos e a súa análise de xeito comparativo, elaborarase un informe que contribuirá a coñecer de mellor maneira as causas do Non Take-Up (NTU). Este informe conterá ademais recomendacións que permitan deseñar procesos de mellor cobertura do Ingreso Mínimo Vital.
A última fase centrarase en analizar o alcance e o impacto desta metodoloxía intensiva coa fin de coñecer se é susceptible de ser recomendable e replicable. Además, realizarase en todos os puntos identificados unha campaña de comunicación localizada para dar a coñecer o IMV e facilitar a información sobre a súa tramitación e convidar á súa solicitude ás persoas que o necesitan.
Modificación da Lei de Inclusión de Galicia
Por outra banda, en Galicia chega nun momento idóneo para xerar sinerxías entre este proxecto específico e o Grupo de Inclusión da Rede, que no próximo 2023 se reactivará para participar na elaboración de propostas de cara a nova Lei de Inclusión, continuar co seguimento e analise da implantación do Ingreso Mínimo Vital e a súa compatibilidade coa RISGA, así como coa defensa da continuidade da prestación da Tarxeta Básica neste contexto de empobrecemento motivado pola inflación e a suba de prezos de enerxia e combustibles e o seu impacto nos bens de primeira necesidade.
Con esta iniciativa, EAPN Galicia, ao igual que o resto das redes territoriais e estatal, continua co seu compromiso de traballo para que o Ingreso Mínimo Vital chegue de maneira áxil ás persoas que o necesitan, sabendo que dispoñer dun ingreso digno é un dereito fundamental para a vida e é un requisito para que as persoas poidan participar e contribuír á sociedade na que viven.








