Presentación do libro Silencio Administrativo: Así es como la burocracia desespera a los pobres

oh 19 de febreiro as 20, no marco do Día Mundial da Xustiza Social, diálogo con Sara Mesa, autora do ensaio Silencio Administrativo. Librería Os mundos de Carlota en Santiago de Compostela
oh 20 de febreiro, Día da Xustiza Social, celébrase na EGAP a Xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación dende Administracións Públicas. Aproveitando que entre as poñentes estará Sara Mesa, non quixemos deixar pasar a oportunidade de organizar o día anterior unha presentación do seu ensaio ‘Silencio Administrativo‘.
Trátase dunha historia real que narra o labirinto burocrático que ten que percorrer unha muller con discapacidade e en situación de senfogarismo para solicitar a renda mínima á que ten dereito. Póñense por escrito o conxunto de trabas e obstáculos dun sistema intrincado que o que fai é culpabilizar ás persoas dunha situación da que non son culpables.
O mércores 19 de febreiro, a partir das 20.00, na librería Os mundos de Carlota, teremos a opotunidade de conversar con Sara sobre como foi o descubrimento desta realidade tantas veces invisibilizada, chea de prexuízos e de aporofobia.
Agardámosvos!






