Warning: Undefined array key "file" in /var/www/vhosts/devecomputer.com/eapngalicia.devecomputer.com/wp-includes/media.php on line 1788

Warning: Undefined array key "file" in /var/www/vhosts/devecomputer.com/eapngalicia.devecomputer.com/wp-includes/media.php on line 1788

«Que se poñan nos nosos zapatos e na nosa pel

25.09.2018| Apagado Comments off on «Que se poñan nos nosos zapatos e na nosa pel|
Compartir nas redes
«Sen empatía, nin a participación política nin a gobernanza son posibles» .Unha das conclusións que dende Galicia se presentaron no XII Encontro de Participación, Gobernanza e Dereitos, nas Palmas de Gran Canaria, e que contou con presenza de máis de 140 persoas de todo o país.
A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado español (EAPN España), coa colaboración de EAPN Canarias, celebrou desta vez nas Palmas de Gran Canaria, o XII Encontro de Participación, Gobernanza e Dereitos, os días 12, 13 mi 14 de setembro.

Neste encontro participaron máis de 140 persoas de todo o país, posibilitando que todas elas fixesen contribucións e propostas para reivindicar cambios sociais e políticos que melloren o seu benestar social e calidade de vida.

EAPN leva unha longa traxectoria na celebración de Encontros, Seminarios e Congresos de Participación, tanto a nivel europeo como estatal e autonómico, co obxectivo de que as persoas en situación ou risco de exclusión social sexan as protagonistas daquilo que lles afecta e a posibilidade de fortalecer a súa presenza na esfera pública.

O Seminario centrouse nos diferentes canles de participación existentes: social, comunitaria, e política, para identificar qué indicacións ou recomendacións débense seguir por parte das entidades, a administración e a comunidade para favorecer a participación a todos os niveis das persoas en situación de pobreza ou exclusión.

Traballáronse conceptos coma “Gobernanza” mi “Bo Goberno” e tratouse de analizar, mellorar e ampliar as posibilidades de participación para que a cidadanía poda levar a cabo o exercicio pleno dos seus dereitos.

Dende Galicia, realizouse un proceso previo de identificar e valorar propostas para impulsar no Seminario. Cos resultados dunha consulta on line, levouse a cabo un taller na sede de Emaús en Vigo, para identificar e priorizar entre todas as propostas que as persoas participantes realizaron en diferentes encontros tanto a nivel estatal como autonómico.

Ademáis dos talleres, a portavoz da delegación galega, Basilisa Gabarri foi a encargada de transmitir en nome das súas compañeiras , as propostas consideradas máis urxentes, especialmente as que teñen que ver con alcanzar unha gobernanza de calidade, coma por exemplo:

“A vivenda é o primeiro!, Débense ofrecer como aluguer social as vivendas de bancos e do sector privado que estean desocupadas. Queremos que estas vivendas sexan 100% accesibles ás condicións de cada persoa”

“Consellos Populares de participación cidadá, a nivel municipal, organizados directamente por EAPN, para desa forma asegurar a participación real da cidadanía”.

«Non é burocracia, é violencia administrativa». Isto supón unha verdadeira barreira para os nosos dereitos. Transformemos a linguaxe administrativa e xudicial para que calquera persoa poida entendelo«.

«Acabemos cos prexuizos! Estamos fartas de que en moitos traballos se nos discrimine por etnia, idade , ou sexo, e por unha falta de sensibilización e empatía, cargada de prexuízos».

«E que pasa coas rendas mínimas? As persoas perceptoras, estamos moi cansas de ter que volver continuamente ao momento de partida, entrar en bucle e non poder saír desa situación por culpa de requisitos que non paran de dificultar o acceso ás prestacións».

«A educación é a base dos nosos valores coma sociedade. Por iso demandamos que esta sexa realmente pública, gratuita, de calidade e inclusiva».

«Posicionémonos en contra da cultura da violencia de xénero, empezando, por exemplo, con sentenzas máis xustas que conciencien realmente á cidadanía, e reparto equitativo de coidados e roles».

Varias destas propostas, foron admitidas no documento final do Seminario, entre algunhas outras suxerencias de mellora da participación, coma por exemplo, «facilitar o traballo dos colectivos veciñais», «fomentar as actividades de lecer para xerar un sentimento de barrio», ou «promover o paso dunha democracia representativa a unha democracia participativa».

Impulsando a participación da muller xitana

Dentro deste XII Encontro, o programa da Fundación Secretariado Gitano en A Coruña: «Impulsando a participación da muller xitana» foi escollido coma exemplo de boa práctica de participación: Basilisa Gabarri e Olalla López foron as encargadas de expoñelo.

Máis Información: