Radio Galicia SER otorga a EAPN o premio SERenidade 2023 pola súa labor de defensa dos dereitos das persoas en pobreza ou exclusión social

«Seguiremos traballando para reducir a pobreza e a exclusión, para eliminar discursos de odio e aporofobia, reducir a burocracia extrema, incidir na falta de vivenda, dignificar os coidados, reducir a soedade e para eliminar fendas e barreiras» manifestou a presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, no acto de recollida do premio.
[YouTube]https://www.youtube.com/watch?v=3F5YUaYD9UQ[/YouTube]
Radio Galicia SER ven de otorgar a EAPN Galicia o premio SERenidade 2023 pola súa labor de «defensa dos dereitos das persoas en risco de exclusión social e promoción da súa participación comunitaria«.
Como di o xurado do premio con este premio recoñece o traballo das 152 organizacións do Terceiro Sector Social galego a través das 30 entidades membro de EAPN Galicia. Das súas profesionais e voluntarias que cada día nos honran coa súa vontade de traballo en rede con rigor, compromiso e respecto mutuo. E que nos animan a que cada día tentemos «dar voz ás demandas do sector para a súa introdución na axenda pública nun momento de incertezas provocadas pola crise económica e pola pandemia"
O xurado premiou tamén a profesionais, empresas e institucións coas que dende EAPN Galicia compartimos causas e esforzos. As xornalistas de Radio Galicia, Aida Pena e Xaime López coas que sempre contamos co seu rigor e compromiso. Álvaro García Ortiz, Fiscal General del Estado, unha institución clave e na que colaboramos tanto para que a aporofobia figure como agravante no Código Penal como no pulo das Oficinas de Atención ás vítimas do odio. O Pescados Rubén Fútbol Sala Femenino, un referente do fútbol feminino. E a empresa Vegalsa-Eroski, recoñecida por iniciativas rigurosas da súa RSC, como o seu Programa Céntimos Solidarios que está a beneficiar a varias das nosas entidades membro.

Equipo directivo e técnico de EAPN Galicia: Nerea Rivero, Sara Abella, Eva Vera, Daniel Bóveda, Eloina Ingerto, Patricia Blanco, Xosé Cuns e Beatriz Fernández
Seguiremos escoitando e traballando para reducir a pobreza e a exclusión
El presidente de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, recolleu o premio SERenidade na gala de entrega celebrada o 15 de febreiro con estas verbas:
Boa noite e moitas grazas á Radio Galicia SER, por este premio e felicidades polos 90 anos de traxectoria que estades a celebrar. Ilusiónanos especialmente polo propio nome “SERenidade”, que xunto coa paciencia e a paixón, cremos que forma parte do noso ser e representa a filosofía coa que tratamos de facer incidencia política e de tecer rede.
Grazas, porque este premio supón un recoñecemento a todas as entidades do Terceiro Sector Social de Galicia que integramos a rede, non falto de dificultades para a sua sostenibilidade. Este premio e sen dúbida un recoñecemento ao compromiso do noso persoal profesional e voluntario, poucas veces visibilizado e que traballamos diariamente para que as 678.000 galegas e galegos en pobreza ou exclusión poidan asegurar o seu dereito á inclusión social e laboral, á educación, á sáude ou mesmo á vivenda.
Seguiremos traballando para reducir a pobreza e a exclusión, para eliminar discursos de odio e aporofobia, reducir a burocracia extrema, para incidir na falta de vivenda, para dignificar os coidados, para reducir a soedade, para eliminar fendas e barreiras, … tantas situacións que non podemos aceptar e máis no contexto actual.
Sabemos que para esto e imprescindible o compromiso político, polo que seguiremos traballando da man, aportando, propoñendo, dialogando, e facendo de ese «Pepito grillo» para non esquecernos que ningunha persoa pode quedarse atrás, que canto maior é a desigualdade maiores son as consecuencias para toda a sociedade.
Noraboa a todalas profesionais da Cadena SER, hoxe especialmente a Aida Pena e Xaime López, polo voso apoio constante e riguroso na difusión das nosas demandas contra a pobreza.
Seguímonos escoitando. E mais que nunca seguiremos na loita con SERenidade. Grazas compañeiras e compañeiros de rede!

Equipo técnico EAPN Galicia: Patricia Torreira, Sara Abella, Xosé Cuns, Iria Iglesias, Beatriz Fernández, Nerea Rivero, Berta Lema e Verónica Verdía






