Tarxeta Básica: un primeiro paso para asegurar as necesidades básicas de toda a poboación galega, superar o asistencialismo e respectar a dignidade das persoas


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, ven de poñer en funcionamento o Programa extraordinario de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19. Implantada a través de Cruz Vermella Galicia, trátase dunha axuda económica que permitirá, cunha tarxeta-moedeiro, a adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.
Aínda a pesares da súa limitada duración, desde EAPN Galicia valórase positivamente a posta en marcha dunha medida reclamada dende hai anos como un primeiro paso imprescindible na aposta pola dignidade das persoas, o afastamento do asistencialismo e a estigmatización, e a inxección económica que suporá para os comercios de proximidade donde as persoas poderán adquirir os artigos como o resto da cidadanía Máxime nun contexto de emerxencia social como a que estamos a vivir.
Asemade, celebramos a diminución notable da burocracia nos Servizos Sociais Comunitarios para que calquera persoa que viva en Galicia poida acceder rápidamente á tarxeta . A configuración como unha prescripción facultativa é tamén un recoñecemento das profesionais non so dos concellos, senón tamen dous outros dous axentes que constitúen o sistema público de servizos sociais.
No futuro seguiremos a demandar non so que esta iniciativa sexa permanente, senón sobre todo para que as persoas ou familias que a perciben pasen canto antes a un sistema de garantía de ingresos a partires de IMV e RISGA.
Demandaremos tamén a creación dun protocolo específico de colaboración coas entidades do Terceiro Sector de Acción Social para que se recoñeza o seu papel e o das profesionais das mesmas nos procesos de inclusión social e que poidan participar neste proceso, reducindo ademáis a necesidade de documentación extraordinaria.
O obxectivo inmediato é que esta tarxeta chegue o antes posible ás persoas e familias que a precisan, coa mínima burocracia posible e evitando pescozos de botella sobre todo nos servizos sociais dos concellos.
Deixase de seguido tanto a Nota informativa da Consellería como un informe no que se tentan resolver as dúbidas xurdidas no seminario técnico organizado por EAPN Galicia e no que participaron case cen profesionais.
[estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2020/07/Nota-informativa-programa-tarxetas-moedeiro_V3_asinada.pdf» objetivo =»»] Nota informativa programa Tarxeta Básica [/botón] [estilo del botón =»p.ej. sólido, borde» tamaño =»p.ej. pequeño, medio, grande» enlace =»http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2020/07/RESUMO-Programa-Tarxeta-moedeiro-Basica-060820.pdf» objetivo =»»] Preguntas e respostas Tarxeta moedeiro Básica 060820 [/botón]A tarxeta solicítase coa traballadora social de referencia do concello. Ademáis, para calquera dúbida ou incidencia que poida afectar á plena implantación desta medida podese contactar coa Dirección Xeral de Inclusión Social a través do correo tarxetamoedeiro@xunta.gal.

Xornada formación Tarxeta Básica. Foto: Fundación Erguete Integración






