I Foro Galego Pobreza, Exclusion Social, Terceiro Sector e Voluntariado

Dende as políticas ás persoas Centro Social Novacaixagalicia, Praza de Cervantes. Santiago de Compostela. 30 de xuño e 1 de xullo de 2011 Dirixido a responsables e persoas voluntarias de entidades de acción social así como a responsables e persoal técnico das administracións galegas, sindicatos, investigadores e comunidade universitaria.

Obxectivos do Foro:

  • Situar a realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática galega,
  • Coñecer as obrigas que supón para a Xunta de Galicia, os concellos e a sociedade galega a Estratexia Europa 2020 e o Plan Nacional de Reformas asumido polo estado español en materia de emprego e loita contra a pobreza e a exclusión social.
  • Informar sobre o potencial e contidos do Anteproxecto da nova Lei de Inclusión Social de Galicia.
  • Mostrar a importancia que as organizacións non lucrativas do Terceiro Sector de Acción Social e o voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social. O camiño cara ao Dialogo Civil
  • Analizar os retos e posibilidades de maior articulación, optimización de recursos e aumento do impacto e a incidencia social e política do Terceiro Sector Social de Acción Social galego.
  • Presentar vías de participación da sociedade civil e o voluntariado, especialmente das persoas en risco de exclusión.

Inscrición previa e gratuíta / Prazas limitadas Ata o día 24 de xuño, indicando DNI, nome, apelidos e institución ou entidade a que pertence, así como os 3 coloquios aos que desexa asistir, no seguinte enderezo: formacion.eapngalicia@gmail.com

DOCUMENTACIÓN