II Foro Galego Pobreza, Exclusion Social, Terceiro Sector e Voluntariado

EAPN-Galicia e EAPN-Es organizaron por segunda vez o Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado en Santiago de Compostela. – Tivo lugar o pasado 28 e 29 de xuño, na o Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. O tema central do Foro foi Déficit Público vs. Déficit Fiscal, aínda que tamén tratamos outros como as prioridades do investimento social en Galicia, a corresponsabilidade na superación da pobreza ou a situación actual das políticas sociais. O acto inaugural correu a cargo de Coro Piñeiro, Secretaria de Política Social da Xunta de Galicia, Nieves Lagares, Decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e David Silva, Presidente de EAPN-Galicia. Contamos con relatores como Carlos Cruzado, Presidente do Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda, que analizou o sistema impositivo español para demostrar que a través dunha reforma dos tributos e dunha maior persecución da fraude fiscal lograriamos saír da crise. Sinalou que “do total da fraude fiscal en España un 75% débese ás grandes empresas” e se “reducimos a fraude fiscal ao nivel do resto de países da UE, non habería que facer recortes en educación e sanidade”. Jose Manuel Ramírez, Presidente da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, demostrou que en contra do que se cre en moitos sectores “os servizos sociais non son determinantes do déficit das Comunidades Autónomas”. Recalcou a necesidade de que “os Servizos Sociais teñen que estar na axenda política”. Na súa intervención puidemos reflexionar sobre a situación dos Servizos Sociais en España e en Galicia, a lei de dependiencia e o sobreendeudamiento familiar. Outro dos relatores foi Humberto García, Vicepresidente de EAPN-Es e Subdirector de Acción Institucional da Fundación Secretariado Xitano que analizou as alternativas para afrontar a situación na que vivimos. Destacou que “o gasto social é un investimento”. Entre os asistentes, había persoal da Administración, membros da comunidade universitaria así como técnicos e xerentes de diferentes entidades sociais.

II Foro Pobreza