Nas eleccións municipais do 28M: Cantas vivendas van a facilitar no seu concello? Onde van a estar? Como van a ser?

EAPN Galicia e as suas entidades membro propoñen a todas as candidaturas das eleccións municipais do 28 de maio 5 principios e 8 prioridades para reducir a pobreza e a exclusión nos concellos.
Ante a gravidade da emerxencia do acceso a unha vivenda digna e accesible que xa afecta á maioría das persoas en pobreza, as principais propostas e medidas adícanse a asegurar a inclusión residencial. Incluíndo a esixencia de máxima concreción nesta materia ás diferentes candidaturas electorais.
A mellora da información estatística, tanto nos datos de pobreza a nivel de barrio ou de execución orzamentaria de cada concello, permiten avaliar a eficacia e o compromiso dos gobernos municipais na loita contra a pobreza e a exclusión social.
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=S57crOlsnzA&t=840s&pp=ygUSI2VtZXJ4ZW5jaWF2aXZlbmRh[/youtube]
CANTAS vivendas se comprometen a facilitar na vindeira lexislatura?
ONDE van a estar situadas?
COMO pensan afrontar cada unha das problemáticas que afectan ao acceso á vivenda digna e accesible?
Con estas tres preguntas que se están a formular as diferentes candidaturas nas eleccións municipais remata o video Así malviven milleiros de galegas e galegos sen vivendas dignas e accesibles. #EmerxenciaVivenda que se ven de presentar e que resume a gravidade da emerxencia residencial en Galicia.
As eleccións municipais celébranse cando é evidente tanto o impacto da elevada inflación e a suba dos prezos da enerxía e bens de primeira necesidade, como especialmente as enormes dificultades de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. Non só nas persoas en pobreza severa ou relativa, senón tamén nas de clase media e media baixa.
No vídeo preséntanse mediante fotografías e testemuñas como malviven un gran número de galegos e galegas, así como as propostas e demandas contra a exclusión residencial.
Conta coa participación de expertas das diferentes entidades especializadas de EAPN Galicia, e está conducido pola súa presidenta, Eloina Ingerto, que fala da vivenda como aspiradora de rendas e o seu vicepresidente, Daniel Bóveda, que presenta a problemática dos desafiuzamentos, a vivenda baleira e o ínfimo parque de vivenda social.
- Eva Vera, da Fundación Secretariado Xitano fala sobre infravivenda e chabolismo
- Ana Álvarez da Fundación Érguete sobre Senfogarismo
- Javier Hermida da Federación Alzheimer Galicia de accesibilidade universal: Secuestradas nas propias vivendas
- Verónica Castrillón de Provivienda sobre deficiencias nas condicións de habitabilidade das vivendas e insalubridade
- Paula Tajuelo da Fundación Esplai sobre emancipación da mocidade: misión Imposible
- Tamara Balboa do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas sobre a vivenda no rural: Imaxes do abandono.
Con convencimento de que é inadmisible a escusa de que nos concellos apenas poden facer nada porque non teñen competencias en vivenda, cando unha grande parte da súa poboación está a sufrir por esta causa, no documento CONCELLOS AO SERVIZO DAS PERSOAS propónse actuacións contra a exclusión residencial, fomentando o acceso á vivenda co alugueiro social e a prevención de desafiuzamentos ou a redución da vivenda baleira, e garantindo que os orzamentos destinados á rehabilitación, accesibilidade ou eficiencia enerxética cheguen aos fogares vulnerables.
5 principios e 8 prioridades para asegurar que dende os concellos se loite contra a pobreza e a exclusión social
Na vindeira lexislatura é factible diminuír a taxa de persoas que se atopan en risco ou situación de pobreza e exclusión nos concellos galegos (25,1% da poboación no 2021), contribuíndo así a que no ano 2030 se vexa reducida ao 14%, tal e como recolle a Meta 11 do Plan Estratéxico Galicia 2022-2030.
Para acadar este obxectivo, no documento Propostas EAPN Galicia Eleccions Municipais 2023 Concellos para as persoas ademais do compromiso xenérico de aumentar a partida de Actuacións de Protección e Promoción social como mínimo nun 20% sobre o gasto executado no 2021, propoñemos a todas as persoas candidatas ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio a asunción dos seguintes
5 principios
-
- Garantir o respecto á dignidade das persoas en risco de pobreza ou exclusión. Evitando discursos de culpabilización, aporofobia, mágoa ou a compaixón.
- Persoas atenden a persoas. Aplicar o enfoque de Inclusión Activa non asistencialista, garantindo servizos de primeira atención e o fortalecemento dos Servizos Sociais Comunitarios.
- Fomentar a máxima coordinación interadministrativa e corresponsabilidade política e técnica.
- Normalizar o diálogo civil coas organizacións do Terceiro Sector de Acción Social.
- Non admitir o lucro na loita contra a pobreza e a exclusión
8 prioridades
- A vivenda digna e accesible é o primeiro. Asegurar actuacións contra a exclusión residencial.
- Redución drástica da burocratización extrema e discrecionalidade.
- Establecer un Plan integral de loita contra a pobreza e pola inclusión residencial, social e laboral das persoas en vulnerabilidade.
- Loita efectiva contra a pobreza e exclusión en familias con nenos e nenas.
- A obra pública municipal prioritaria nos orzamentos de investimentos debe ser a accesibilidade e á vivenda digna.
- Implantar medidas de atención e protección das mulleres vítimas de violencia machista, en especial as que están en situacións máis extremas como trata, prostitución ou exclusión severa.
- Implantar un programa de emprego municipal para persoas en situación de exclusión que evite a dispersión de medidas e esforzos.
- Manter servizos básicos contra a exclusión territorial e a pobreza rural: sanitarios, sociais, educativos, transporte ou vivenda e erradicación da fenda dixital.
[button style=”e.g. solid, border” size=”e.g. small, medium, big” link=”https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2023/04/Propostas-EAPN-Galicia-Eleccions-Municipais-2023-Concellos-para-as-persoas.pdf” target=””]CONCELLOS PARA AS PERSOAS. Propostas EAPN Galicia Eleccions Municipais 2023[/button]
Ferramentas para comprobar a eficacia e o compromiso dos gobernos municipais
O proceso electoral e a nova lexislatura municipal contan con varias ferramentas que permitirán tanto a planificación de medidas de inclusión social como a avaliación das mesmas e a credibilidade do compromiso dos novos gobernos locais.
O Ministerio de Hacienda publica anualmente e coa información facilitada dende cada concello galego, tanto o detalle do orzamento municipal como especialmente a execución real por cada partida orzamentaria, entre o que se inclúe a de Actuacións de protección e promoción social, que agrupa o gastos en servizos sociais e fomento do emprego. Nesta ligazón estan dispoñibles os informes de execución orzamentaria ata o 2021.
Dende finais do 2022 xa está dispoñible na páxina web do INE o Atlas de Distribución de Renta de los Hogares, con mapas e indicadores de nivel e distribución de renda por persona e fogar ao nivel de sección censal, a división administrativa máis detallada do territorio. Están xa que logo dispoñibles para cada barrio e concello galego datos como pobreza severa e relativa, pobreza infantil, desigualdade (indice Gini), renda media por persoa e fogar, etcétera.









