O Terceiro Sector únese para unha reforma da Lei do Mecenado que contribua a facer fronte ás crecentes necesidades sociais

22.07.2014| Off Comments off on O Terceiro Sector únese para unha reforma da Lei do Mecenado que contribua a facer fronte ás crecentes necesidades sociais|
Compartir nas redes

El Tercer Sector se une para una reforma de la LeyDistintas organizacións do Terceiro Sector consideramos necesario abordar unha reforma da Lei do Mecenado no contexto de crise actual, que está a ter un importante impacto na nosa sociedade cun notable incremento das necesidades sociais e unha redución significativa de recursos públicos.

Consideramos que a futura Lei debería considerar as seguintes cuestións:

  • Elevación das porcentaxes de dedución no IRPF e no Imposto sobre Sociedades polas doazóns e achegas a entidades beneficiarias do mecenado que realicen particulares e empresas.
  • Dedución na cota do IRPF do 100% dos donativos que non superen certas contías.
  • Regulación adecuada dende o punto de vista fiscal das doazóns en especie, particularmente das doazóns de servizos, outorgándolles un axeitado beneficio fiscal.
  • Equiparación dos incentivos fiscais previstos para os convenios de colaboración empresarial en actividades de interese xeral, aos das doazóns puras e simples.
  • Participación do sector das entidades beneficiarias do mecenado na definición anual das actividades prioritarias de mecenado.

Máis información en este enlace