Oferta de emprego: Técnica de programas, participación social e incidencia política

EAPN Galicia busca unha persoa para a elaboración de documentos de posicionamento, incidencia política, dinamización de Grupos de Traballo estables e ad hoc; así como a organización de actividades e eventos previstos a nivel formativo, sensibilización ou fomento da participación social e política de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión.
Buscamos a unha ou un profesional para realizar labores de identificación, implantación e xestión de programas, en especial daqueles que aseguren e reforcen o traballo en rede e a elaboración e impulso de propostas de incidencia política e social da rede EAPN Galicia en materia de inclusión social, sociolaboral ou socioresidencial, así como de promover a participación efectiva de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social.
Traballar nunha rede de entidades e profesionais adicadas á incidencia política require habilidades de flexibilidade, comunicación, empatía e capacidade de adaptación ás necesidades da base social ou das administracións públicas, así como unha continua orientación para o traballo en equipo e unha alta capacidade de organización e resposta en prazos axustados.
As persoas interesadas poden enviar á dirección de correo electrónico info@eapn-galicia.com, co asunto “Selección técnica investigación + NOME E APELIDOS”, o seu CV actualizado e carta de motivación e experiencia que inclúa 3/4 propostas xustificadas para a mellora das políticas de inclusión social das persoas en situación de pobreza ou exclusión social en Galicia (máximo 2 páxinas). Data límite, 11 de novembro de 2024 (incluído).
[button style=”e.g. solid, border” size=”e.g. small, medium, big” link=”https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2024/10/Oferta-tecnica-programas-EAPN-2024-1.pdf” target=””]Detalle perfil, condicións e funcións[/button]






