Participa no concurso de fotografía #EmerxenciaVivenda e axúdanos a reclamar vivendas dignas e accesibles

01.12.2022| Off Comments off on Participa no concurso de fotografía #EmerxenciaVivenda e axúdanos a reclamar vivendas dignas e accesibles|
Compartir nas redes
EAPN Galicia pon en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda.
O prazo está aberto ata o 18 de decembro e calquera persoa maior de 18 anos pode participar.

A Rede Europea Contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN – Galicia), coa colaboración da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), convoca este concurso de fotografía dixital no que pode participar calquera persoa maior de 18 anos.

Ter a oportunidade de acceder a unha vivenda digna, axeitada e accesible é un factor indispensable para a inclusión social. Por si só, un fogar ou aloxamento digno non garante o exercicio pleno da cidadanía, pero sen dúbida, é unha condición indispensable.

Cando se analiza a situación da vivenda e da exclusión residencial en España e Galicia, atópanse unha gran cantidade de problemáticas relacionadas entre si que se manteñen dende os anos anteriores á crise económica do 2008. Esto foi o que manifestou a campaña #EmerxenciaVivenda, e este concurso xorde para darlle continuidade, pois é urxente poñer fin a estas situacións, e achegar á sociedade galega, especialmente aos grupos tomadores de decisións, a realidade da exclusión residencial en Galicia.

As fotografías presentadas ao concurso terán como temática: “Pobreza, exclusión e vivenda”, valorándose que reflictan situacións reais e actuais desta problemática, como por exemplo a infravivenda, chabolismo, problemas de salubridade, altos prezos, dificultades de acceso ao alugueiro, falta de accesibilidade, dificultades no medio rural, etc. Non é para nada imprescindible que aparezan persoas de xeito recoñecible nas fotografías, pero de ser o caso deberase contar coa súa autorización (formulario abaixo).

Ademáis, as imaxes deberán cumprir cos requisitos técnicos de tamaño de arquivo e resolución, os cales se detallan nestas bases.

A recepción de fotografías rematará o 18 de decembro ás 23:59h, e a única forma de participación é a través do seguinte formulario:

[button style=”e.g. solid, border” size=”e.g. small, medium, big” link=”https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfg58AWwqVsDvxg66fWPbzq07NP9UietAqM4aw3i-83i86q2Q/viewform?usp=sf_link”]Quero participar![/button]
Premios

1º. Unha noite nunha casa de turismo rural para dúas persoas en réxime de media pensión + Bono de 150€ en produtos de ofimática.

2º. Unha noite nunha casa de turismo rural para dúas persoas con almorzo + Bono de 100€ en produtos de ofimática.

Máis información sobre os premios nas bases.


Documentos adxuntos