Por qué debemos participar na Consulta do Pilar Europeo de Dereitos Sociais?

Ata o 31 de decembro pódese participar nesta consulta decisiva que a Comisión Europea lanza á poboación sobre como deben de ser as futuras políticas que máis afectan as persoas, sobre todo as mais vulnerables: emprego, servizos sociais, demografía e outros factores importantes para a vida laboral e as condicións sociais.
Dende EAPN proponse un modelo de resposta sobre as demandas para asegurar que a redución da pobreza, a exclusión e a desigualdade ou ter un emprego digno sexa unha prioridade.
Consulta Pilar Social Europeo. Resposta EAPN Galicia
Jean Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, anunciou en setembro a creación dun Pilar Europeo de dereitos sociais co fin de acadar un mercado laboral xusto.
Unha vez adoptado, o Pilar debe converterse nun marco de referencia para examinar a situación social e de emprego dos Estados membro, así como para impulsar reformas a nivel nacional. Tamén debe servir de guía para unha converxencia renovada dentro da zona do euro.
Quén pode participar?
Calquera persoa pode participar nesta consulta, aínda que hai un chamamento especial as persoas e organizacións do eido social.
Carlos Susías, presidente de EAPN España, explica por qué responsables e profesionais de entidades sociais así como persoas en risco de exclusión social deben participar nesta consulta.
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=DCv_SvEBLB0[/youtube]Por qué debo participar?
So a través da participación podemos conseguir poñer as persoas en primeira liña nas políticas dos vindeiros anos e que a redución de pobreza e da desigualdade formen parte dos obxectivos do Pilar Europeo de Dereitos Sociais.
Tal e como indica Graciela Malgesini responsable de Asuntos Europeos e Incidencia Política de EAPN España, neste vídeo , existen 4 razóns fundamentais para participar nesta consulta e facer demandas para conseguir unha Unión Europea que asegure:
- Que a redución da pobreza e a exclusión sexa unha prioridade.
- Unha Europa polo emprego digno.
- Un nivel de vida decente e que free o dumping social
- Unha Europa máis equitativa e con menos desigualdade
Cómo podo participar?
Podes participar na consulta como persoa individual ou como organización.
Dende EAPN España e EAPN Galicia, poñemos a túa disposición a nosa PROPOSTA de Resposta EAPN España a Consulta Pilar Social UE
PARA ACCEDER A CONSULTA PREME AQUÍ
Maís Información. ¡Participa en la Consulta pública sobre el pilar europeo de derechos sociales!






