Queres traballar en EAPN Galicia? Buscamos tituladas en Xornalismo e Ciencias Políticas

Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos Programas de Cooperación da Xunta

EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Xornalismo e outra en Ciencias Políticas, para formar parte da entidade durante 12 meses, no marco do proxecto de fomento da participación, inclusión sociolaboral, traballo en rede, comunicación e formación de persoas en pobreza, exclusión social e discapacidade.
As persoas interesadas poden enviar a súa candidatura ao enderezo electrónico info@eapn-galicia.com, ata o 18 de xaneiro de 2024 ás 15.00h, seguindo as instruccións indicadas nos documentos de definición de cada perfíl que se atopan a continuación.
[button style=”e.g. solid, border” size=”e.g. small, medium, big” link=”https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2024/01/Descricion-oferta-traballo-coopera-2023-XORNALISMO.pdf” target=””]Detalle perfil, condicións e funcións – Posto Xornalismo[/button]
[button style=”e.g. solid, border” size=”e.g. small, medium, big” link=”https://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2024/01/Descricion-oferta-traballo-coopera-2023-POLITICAS.pdf” target=””]Detalle perfil, condicións e funcións – Posto Ciencias Políticas[/button]
A persoa seleccionada estará adscrita ao Convenio de Acción e Intervención Social.
O proceso de selección está aberto e a contratación é dependente da Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.
Absterse candidatos/as que:
(i) Non sexan unha persoa desempregada inscrita no SPEG como demandante non ocupada e que non estean dispoñibles para o emprego na data de selección e contratación.
(ii) Estiveran contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 9 de maio de 2019 (DOG nº 98, do 24 de maio), do 3 de agosto de 2021 (DOG nº 159, do 19 de agosto) e do 12 de xullo de 2022 (DOG nº 139, do 21 de xullo) no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.






