Traballando contra a pobreza e a aporofobia en Portugal e Galicia

26.06.2018| Off Comments off on Traballando contra a pobreza e a aporofobia en Portugal e Galicia|
Compartir nas redes

O 21 de xuño tivo lugar en Valença do Minho un encontro entre EAPN Galicia e EAPN Portugal co obxectivo de coñecer as diferentes dinámicas e procesos de participación que se levan a cabo en cada unha delas.

Tratouse dun espazo de reflexión sobre o traballo desenvolvido por cada unha das redes e o intercambio de experiencias.

A través do debate aberto diferentes persoas, tanto técnicas como participantes, amosaron a súa experiencia e coñecemento dende unha visión crítica e constructiva. Esto permitiunos facer unha análise dos principais obstáculos, problemas, éxitos e potencialidades do proceso de participación.

Por outra banda, e motivado tamén polo estudo “Pobreza infantil e patróns de consumo das familias con menores na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal” decidiuse afondar neste tema e comezar a debuxar unha proposta de traballo transfronteirizo a desenvolver no futuro entre Galicia e o norte de Portugal.

Dende ambas redes reclamarase que o neoloxismo “aporofobia” (odio as persoas en pobreza) sexa recoñecido tamén oficialmente na lingua portuguesa, como ven de facer a Real Academia da Lingua Galega.